Peneira · Arquitectura
Peza 3 do paquete de recursos (Q3). Licenza CC BY 4.0. As tres pezas publicadas (eval-204 + inventario + este README) son de autoría propia, baixo CC BY 4.0, e NON conteñen texto de Wikipedia → non herdan share-alike (un reutilizador do eval/inventario NON queda suxeito a CC BY-SA). Atribucións: RAG/ILG (NOMIG 2003, DRAG) como fonte normativa citada · BSC-LT (modelo base Salamandra-7B). A licenza CC BY-SA de Wikipedia aplica SÓ ao corpus de adestramento (frases wiki-gl), que NON se inclúe neste paquete.
Peneira é un corrector-asistente normativo do galego (interferencias do castelán, colocación pronominal, perífrases, ortografía). Corre en local (Ollama), privado, sen API.
1 · As tres pezas
texto ──▶ CHULETA ──▶ CEREBRO ──▶ GUARDIAS ──▶ saída estruturada
(inventario) (LoRA) (deterministas) (JSON: correccións + explicación)
- CHULETA — o inventario (
recurso/inventario.jsonl, 153 entradas): filtro léxico que inxecta ao prompt as fichas relevantes. VerINVENTARIO-auditado.md. - CEREBRO — o modelo: Salamandra-7B-instruct + QLoRA (r=16, α=32, 1 época, completion-mask) adestrado
sobre
dataset_peneira_v3.2.jsonl. Xulga o contexto (colocación, ambigüidade, perífrases). - GUARDIAS — o cinto determinista que corre TRAS o modelo. Tres:
- léxica (
guardia_lexica): engade correccións de interferencia INEQUÍVOCA do inventario que o modelo deixou pasar. Máis o patrón ortográfico ¿¡. - réxime te/che (
guardia_rexime): engade o cheísmo de réxime (che sobre verbo CD → te), lista pechadaVERBO_REXIME+ heurística contextual. - contraccións (
guardia_contraccions): prep+artigo obrigatorio (en o→no…), lista curada.
- léxica (
Toda corrección sae ETIQUETADA coa súa FONTE (fonte: modelo · inventario · inventario-rexime ·
inventario-contrac). Non é cosmética: é o mecanismo de transparencia do marco «propón, non impón» — o
usuario ve QUEN di cada corrección (o modelo ou unha guardia determinista) e pode decidir. Unha corrección de
guardia é unha regra normativa dura; unha do modelo é un xuízo contextual.
2 · O principio de deseño: SÓ-ENGADE · asimetría miss/disparo
As guardias só ENGADEN correccións, nunca validan unha forma nin borran unha do modelo. A consecuencia é o invariante que fai o sistema fiable:
Un fallo posible da guardia é un MISS (non cazou algo) — nunca unha NORM.INVERSA (corrixir o correcto). Un miss é recuperable (o modelo aínda pode acertar); unha norm.inversa é un erro que o corrector existe para non cometer. Por iso, na dúbida, SILENCIO.
A garantía non é a lista pechada — é esta asimetría. Unha lista pode ter un caso ambiguo; o que protexe o usuario é que, ante calquera dúbida, a guardia cala e delega no modelo.
3 · «Na dúbida, silencio» aplicado en TRES niveis (os exemplos canónicos)
O mesmo principio, descuberto por auditoría adversarial a tres profundidades distintas:
| nivel | exemplo | por que cala a guardia |
|---|---|---|
| palabra | «roxo» | é falso amigo: «roxo» = louro-avermellado é galego válido. Fóra do con-erro automático; só o modelo o xulga con contexto. |
| verbo | «chamar» | réxime-ambiguo: CD ao teléfono («chámote») / CI predicativo de nome («chámanche Pituco»). Fóra da lista pechada VERBO_REXIME. |
| sintaxe | PP-adxunto | «Notáronche no exame moitos erros»: «che» é dativo de posesión (o CD é «moitos erros»). A heurística consome o PP e, se atopa unha cousa-CD despois, cala. |
O terceiro é o máis instrutivo: mostra que a garantía non depende de que verbos estean na lista, senón de
cando a guardia se atreve a disparar. A auditoría adversarial (roldas 1-3) empúrraa cara ao silencio ata
que só dispara onde «che» é inequivocamente o obxecto directo. Batería finetune/test_rexime.py: tests de
disparo E de silencio, N/N.
4 · Ambiguas e preferencias (Decisión C)
- 9 ambiguas (
ambigua:true): formas contexto-dependentes; a guardia nunca as toca, o modelo responde «depende do sentido». Unha verificación de construción do dataset (Regra de Ouro nº1, non unha das tres guardias runtime) comproba que nunca se valide un destino-castelanismo. - 4 preferencias (
preferencia:true): ambas formas correctas (papelaría/papelería…); Decisión C — preferencia, xamais corrección.
5 · Avaliación
Held-out selado EVAL-204 (EVAL-204-manifesto.md): serie 204 / estricto 193 / 11 exclusións por
proximidade. A porta de certificación lese no estricto. Benchmark determinista (temp 0 + seed) co sistema
completo (modelo + guardias). A hiper lese en tres chanzos (≤3 certificación · 4-5 predición cumprida · >5
inversión). Todos os números do informe final lense coa guardia refinada.
A familia te=CD lese nun subconxunto de familia á parte (eval_teche_v32.jsonl, 10 casos + 2 do
estricto), porque no estricto quedan só 2 casos tras as exclusións por proximidade. Os 9 erros están cubertos
pola guardia de réxime (0 misses tras a rolda 3); a serie-204 e o estricto-193 non se tocan. Detalle en
EVAL-204-manifesto.md §4b.