# Peneira · Arquitectura > Peza 3 do paquete de recursos (Q3). Licenza **CC BY 4.0**. > **As tres pezas publicadas** (eval-204 + inventario + este README) son de **autoría propia**, baixo **CC BY > 4.0**, e **NON conteñen texto de Wikipedia** → non herdan share-alike (un reutilizador do eval/inventario NON > queda suxeito a CC BY-SA). Atribucións: **RAG/ILG** (NOMIG 2003, DRAG) como fonte normativa citada · **BSC-LT** > (modelo base Salamandra-7B). A licenza **CC BY-SA de Wikipedia** aplica SÓ ao **corpus de adestramento** > (frases wiki-gl), que **NON se inclúe neste paquete**. Peneira é un **corrector-asistente normativo do galego** (interferencias do castelán, colocación pronominal, perífrases, ortografía). Corre en local (Ollama), privado, sen API. ## 1 · As tres pezas ``` texto ──▶ CHULETA ──▶ CEREBRO ──▶ GUARDIAS ──▶ saída estruturada (inventario) (LoRA) (deterministas) (JSON: correccións + explicación) ``` - **CHULETA** — o **inventario** (`recurso/inventario.jsonl`, 153 entradas): filtro léxico que inxecta ao prompt as fichas relevantes. Ver `INVENTARIO-auditado.md`. - **CEREBRO** — o **modelo**: Salamandra-7B-instruct + QLoRA (r=16, α=32, 1 época, completion-mask) adestrado sobre `dataset_peneira_v3.2.jsonl`. Xulga o contexto (colocación, ambigüidade, perífrases). - **GUARDIAS** — o **cinto determinista** que corre TRAS o modelo. Tres: 1. **léxica** (`guardia_lexica`): engade correccións de interferencia INEQUÍVOCA do inventario que o modelo deixou pasar. Máis o patrón ortográfico ¿¡. 2. **réxime te/che** (`guardia_rexime`): engade o cheísmo de réxime (che sobre verbo CD → te), lista pechada `VERBO_REXIME` + heurística contextual. 3. **contraccións** (`guardia_contraccions`): prep+artigo obrigatorio (en o→no…), lista curada. **Toda corrección sae ETIQUETADA coa súa FONTE** (`fonte`: `modelo` · `inventario` · `inventario-rexime` · `inventario-contrac`). Non é cosmética: é o mecanismo de transparencia do marco **«propón, non impón»** — o usuario ve QUEN di cada corrección (o modelo ou unha guardia determinista) e pode decidir. Unha corrección de guardia é unha regra normativa dura; unha do modelo é un xuízo contextual. ## 2 · O principio de deseño: SÓ-ENGADE · asimetría miss/disparo As guardias **só ENGADEN correccións, nunca validan** unha forma nin borran unha do modelo. A consecuencia é o invariante que fai o sistema fiable: > **Un fallo posible da guardia é un MISS (non cazou algo) — nunca unha NORM.INVERSA (corrixir o correcto).** > Un miss é recuperable (o modelo aínda pode acertar); unha norm.inversa é un erro que o corrector existe para > non cometer. Por iso, **na dúbida, SILENCIO**. **A garantía non é a lista pechada — é esta asimetría.** Unha lista pode ter un caso ambiguo; o que protexe o usuario é que, ante calquera dúbida, a guardia cala e delega no modelo. ## 3 · «Na dúbida, silencio» aplicado en TRES niveis (os exemplos canónicos) O mesmo principio, descuberto por auditoría adversarial a tres profundidades distintas: | nivel | exemplo | por que cala a guardia | |---|---|---| | **palabra** | **«roxo»** | é falso amigo: «roxo» = louro-avermellado é galego válido. Fóra do con-erro automático; só o modelo o xulga con contexto. | | **verbo** | **«chamar»** | réxime-ambiguo: CD ao teléfono («chámote») / CI predicativo de nome («chámanche Pituco»). Fóra da lista pechada `VERBO_REXIME`. | | **sintaxe** | **PP-adxunto** | «Notáronche **no exame** moitos erros»: «che» é dativo de posesión (o CD é «moitos erros»). A heurística consome o PP e, se atopa unha cousa-CD despois, **cala**. | O terceiro é o máis instrutivo: mostra que a garantía non depende de *que verbos* estean na lista, senón de *cando* a guardia se atreve a disparar. A auditoría adversarial (roldas 1-3) empúrraa cara ao silencio ata que só dispara onde «che» é inequivocamente o obxecto directo. Batería `finetune/test_rexime.py`: tests de disparo E de silencio, N/N. ## 4 · Ambiguas e preferencias (Decisión C) - **9 ambiguas** (`ambigua:true`): formas contexto-dependentes; a guardia nunca as toca, o modelo responde «depende do sentido». Unha verificación de construción do dataset (**Regra de Ouro nº1**, non unha das tres guardias runtime) comproba que nunca se valide un destino-castelanismo. - **4 preferencias** (`preferencia:true`): ambas formas correctas (papelaría/papelería…); **Decisión C** — preferencia, xamais corrección. ## 5 · Avaliación Held-out selado **EVAL-204** (`EVAL-204-manifesto.md`): serie 204 / estricto 193 / 11 exclusións por proximidade. A porta de certificación lese no estricto. Benchmark determinista (temp 0 + seed) co sistema completo (modelo + guardias). A hiper lese en tres chanzos (≤3 certificación · 4-5 predición cumprida · >5 inversión). Todos os números do informe final lense **coa guardia refinada**. A familia **te=CD** lese nun **subconxunto de familia** á parte (`eval_teche_v32.jsonl`, 10 casos + 2 do estricto), porque no estricto quedan só 2 casos tras as exclusións por proximidade. Os 9 erros están cubertos pola guardia de réxime (0 misses tras a rolda 3); a serie-204 e o estricto-193 non se tocan. Detalle en `EVAL-204-manifesto.md` §4b.