--- license: cc-by-4.0 language: - gl tags: - galician - galego - grammar - normative-correction - evaluation pretty_name: "Peneira · recursos (eval-204 + inventario + arquitectura)" --- # Peneira · Paquete de recursos (v1.0) Recursos abertos do proxecto **Peneira** (**desenvolvido por ARGALLA**), un corrector-asistente normativo do galego (interferencias do castelán, colocación pronominal, perífrases, ortografía). Publícanse baixo **CC BY 4.0**. > ⚠️ **REVISIÓN EXTERNA PENDENTE.** O inventario e o held-out foron construídos e auditados **internamente** > contra a norma (NOMIG 2003 / DRAG), pero **non pasaron aínda revisión filolóxica externa independente**. > Son un recurso «best-effort», non unha autoridade normativa. **Correccións e erros: benvidos** (ver abaixo). ## Que hai aquí | recurso | ficheiros | que é | |---|---|---| | **Held-out EVAL-204** | `eval_set.jsonl` · `eval_extension_v3.jsonl` · `eval_sintaxe_v2.jsonl` · `eval_sintaxe_extension_v3.jsonl` · `eval_teche_v32.jsonl` · [`EVAL-204-manifesto.md`](EVAL-204-manifesto.md) | conxunto de avaliación selado (204 serie / 193 estricto / 11 exclusións documentadas) + subconxunto de familia te=CD | | **Inventario de interferencias** | `inventario.jsonl` · [`INVENTARIO-auditado.md`](INVENTARIO-auditado.md) | 153 entradas normativas (125 inequívocas · 9 ambiguas · 4 preferencias · 15 patróns) | | **Arquitectura** | [`ARQUITECTURA.md`](ARQUITECTURA.md) | chuleta + cerebro + tres guardias · o principio «na dúbida, silencio» | ## Que NON está aquí (aínda) - O **dataset de adestramento** e os **pesos/GGUFs** do modelo. - Os **números de benchmark**: o README de arquitectura describe o **método** de avaliación, non resultados. ## Licenza e atribución - **CC BY 4.0** ([`LICENSE.md`](LICENSE.md)). As tres pezas son de **autoría propia** e **non conteñen texto de Wikipedia** → non herdan share-alike. - Fonte normativa citada: **RAG/ILG** (NOMIG 2003, DRAG). Modelo base: **Salamandra-7B** (BSC-LT). O corpus wiki de adestramento (Wikipedia, CC BY-SA) **non se inclúe** aquí. ## Reportar erros Abre unha **issue** neste repo con: o fragmento, a corrección que propós e a referencia normativa se a tes. Toda corrección normativa fundamentada é benvida — é o que fai avanzar a «revisión externa pendente».